Formamos parte desta Plataforma asociacións culturais, feministas, profesionais, deportivas, sindicais e políticas que decidimos crear e impulsar esta iniciativa plural e cidadá por varios motivos.
O primeiro e o principal porque vemos que a vaga de recortes (axustes segundo o eufemismo de moda) están a pór en perigo a supervivencia da radio e da televisión, xa que logo os medios de comunicación públicos e, máis en xeral, os propios servizos públicos, o cal supón un gran menoscabo para os dereitos da cidadanía.
O segundo porque nos inquedan as intencións dos gobernos galego e estatal de desmantelar os medios de comunicación propios, que cualifican de superfluos, deficitarios e que non consideran servizo público esencial.
O terceiro porque, o feito de que queiramos medios de comunicación públicos en galego, non quere dicir que nos sirva calquera modelo. Queremos medios imparciais, plurais e con control democrático por parte da cidadanía. Consideramos que isto é un investimento nun servizo público esencial, e que non resulta custoso para a rendibilidade social que produce.
Como cidadás e cidadáns libres, con capacidade crítica e conscientes dunha lingua e dunha cultura propias, é do interese de todas e todos que os nosos gobernos se ocupen de manter vivo un vehículo de comunicación, de expresión e de difusión da nosa esencia e do noso ser de país. Se desaparecen a radio e a televisión públicas acabará desaparecendo parte do noso acervo histórico, cultural, lingüístico e audiovisual.
Mais tamén somos conscientes de que os medios de comunicación públicos representan o garante dun dereito fundamental da cidadanía: o dereito á información rigorosa, á emisión de programas do interese de todas e todos, desde unha orientación ampla e imparcial, non partidista, que contribúa a deconstruír os prexuízos e fomente a pluralidade e a igualdade de xénero.
Esta plataforma pretende ser unitaria e moi, moi ampla. Xa que logo, estaremos encantadas e encantados de contar co presenza de todas as organizacións sociais (culturais, feministas, veciñais, de nais e pais, deportivas, etc.), e do apoio de persoas particulares que queirades participar e que compartades estas preocupacións e propostas.
Insistimos en que a Plataforma pretende ser unha ferramenta para a reflexión colectiva e para a construción do modelo de medios de comunicación que queremos... sen esquecer a súa dimensión reivindicativa de que se garantan os medios de comunicación públicos dentro do contexto xeral dos dereitos da cidadanía, a través dos servizos públicos de calidade e sen recortes.
| Alternativa Radio Galega (ARG) |
|
Asemblea Republicana de Vigo (amigos da república) |
| Asociación Cultural Monte da Estrela |
| Asociación de Actores e Actrices de Galicia |
| Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) |
| Asociacion de Equipos de Fútbol de 3ª Preferente e 1ª Rexional |
| Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galicia (APRADOGA) |
| Asociación Galega de Guionistas (AGAG) |
| Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) |
| Associaçom Galega da Língua (AGAL) |
| Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
| Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) |
| Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia |
| Comisións Obreiras (CCOO) |
| Comité Interemrpesas da CRTVG |
| Confederación Intersindical Galega (CIG) |
| Encontro Irmandiño (EI) |
| Espazo Ecogaleguista |
| Esquerda Unida (EU) |
| Feminismos Obradoiro (FO) |
| Frente Popular Galega (FPG) |
| Galiza Cultura |
| Mesa Pola Normalización Lingüística (MNL) |
| Mocidade Nacionalista Galega (MNG) |
| Nova Escola Galega |
| Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) |
| ProLingua |
|
Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento |
| Rede Feminista Galega (RFG) |
| Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG) |
| Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) |
| Sindicato Labrego Galego (SLG) |
| Unión General de Trabajadores (UGT) |
| Unión Sindical Obrera (USO) |