Os medios audiovisuais públicos son un servizo esencial de interese xeral que teñen como misión difundir contidos destinados a garantir a diversidade cultural e lingüística, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social, a promoción dos dereitos cívicos e as liberdades públicas e a calidade da propia democracia.
PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA NA CORUÑA (2 de maio de 2012)
A Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública Galega está integrada por organizacións cidadás, profesionais e académicas, sindicatos e partidos políticos preocupados pola actual situación dos medios públicos galegos. Se ti pertences a unha organización que comparte esta inquedanza,
ÚNETE A NÓS!
PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA EN PONTEVEDRA (31 de maio de 2012)
A televisión e a radio públicas galegas precisan que ti tamén mires por elas!. Que se saiba que están en perigo, e que todos as reclamemos, como un servizo público que nos corresponde como cidadáns.
E se queres deixarnos algún comentario sobre o que ti cres que deben ser os medios púbicos galegos... adiante!